IniciosociedadeBurela é o único concello da provincia con saldo vexetativo positivo

Burela é o único concello da provincia con saldo vexetativo positivo

Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, na Mariña houbo 600 mortes máis ca nacementos ao longo do 2017

Publicada o

- Advertisement -

Burela é o único concello da provincia de Lugo con máis nacementos que mortes e un dos trece de Galicia -dos 313 municipios que hai na comunidade- cun saldo vexetativo positivo, segundo un informe publicado este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Os datos achegados polo IGE corresponden ao ano 2017. O municipio con máis nacementos que mortes é Ames, cun saldo positivo de 138 nacementos.

O Porriño (60), Arteixo (45), Salceda de Caselas (33) e Poio (15) preceden a Burela, que cun resto  vexetativo positivo de +14 sitúase no sexto lugar, con 90 nacidos e 76 falecidos ao longo dese exercicio.

En Alfoz o saldo vexetativo foi negativo en 15 habitantes con respecto a 2016 (con cinco nacementos e 20 mortes). En Barreiros, en 36, con 20 e 56; Cervo, houbo 28 mortes máis ca nacementos, 20 por 48; en Foz, 32, con 67 nacementos e 99 pasamentos; en Lourenzá, 38, con 13 e 51; en Mondoñedo, 68, con 11 e 79, esta última unha cifra significativa para un concello que rebasa por pouco os 3.600 habitantes.

en mondoñedo naceron once persoas no 2017 e morreron 79

Tamén rexistraron máis pasamentos ca nacementos Ourol, cun saldo vexetativo de -16 (con cinco partos e 21 defuncións); A Pontenova, con -31 (12 e 43); Ribadeo, con -58 (69 e 127); Riotorto, con -42 (cinco e 47); O Valadouro, con -43 (12 e 55); O Vicedo, con -23 (sete e 30); Xove, con -35 (18 e 53) e Trabada, con -13 (con cinco e 18).

Destaca neste aspecto, de xeito negativo, o concello de Viveiro, o máis poboado da comarca (con 15.510 habitantes no 2018). No municipio viveirense naceron 76 persoas no 2017, mentres que faleceron 212, cun saldo de 136 mortes máis ca partos.

CIFRAS SIMILARES ÁS DE 2016

Así, no 2017 naceron na Mariña Lucense 435 persoas e faleceron 1.035, para un saldo vexetativo de -600. A cifra é similar á do ano 2016, cando nos 16 municipios da bisbarra morreron 592 persoas máis das que naceron.

BURELA INVERTIU A TENDENCIA DE 2016, FOZ AMORTIGUOU A CAÍDA E EN RIOTORTO DUPLICOUSE O SALDO NEGATIVO

Daquela, Alfoz deixou un saldo vexetativo de -23; Burela, de -1; Foz, de -58; Lourenzá, de -30; Mondoñedo, de -54; O Valadouro, de -14; Cervo, de -29; Ourol, de -19; O Vicedo, de -23; Viveiro, de -115; Xove, de -33; Barreiros, de -41; A Pontenova, de -48; Ribadeo, de -69; Trabada, de -17, e Riotorto, de -18.

Así, chama a atención que Burela invertiu a tendencia lixeiramente negativa do 2016; que Foz conseguiu minguar relativamente a sangría vexetativa no 2017 con respecto ao anterior exercicio, ou que en Riotorto o saldo demográfico negativo multiplicouse por 2,3.

HOMES E MULLERES

Das 435 persoas que naceron no 2017 na Mariña, 215 foron nenas (unha en Alfoz, 46 en Burela, 33 en Foz, cinco en Lourenzá e O Vicedo, seis en Mondoñedo e O Valadouro, dez en Cervo e Barreiros, tres en Ourol, Trabada e Riotorto, 36 en Viveiro, once en Xove, oito na Pontenova, 29 en Ribadeo).

Das 1.035 persoas que faleceron, 514 foron mulleres (dez en Alfoz e Ourol, 34 en Burela, 43 en Foz, 23 en Lourenzá, 44 en Mondoñedo, 33 no Valadouro, 22 en Cervo, doce no Vicedo, 105 en Viveiro, 28 en Xove, 29 en Barreiros, 19 na Pontenova, 68 en Ribadeo, nove en Trabada e 25 en Riotorto).

MATRIMONIOS

No tocante aos matrimonios, oficiáronse 254 na bisbarra. Viveiro, Burela e Ribadeo sitúanse á cabeza, con 61, 43 e 42 casamentos, respectivamente, durante 2017.

En Alfoz houbo catro; en Foz, 35; en Lourenzá, cinco; en Mondoñedo e O Valadouro, nove; en Cervo e Barreiros, once; en Ourol e Riotorto, dous; no Vicedo, tres; en Xove, 12; na Pontenova, catro e en Trabada un.

a nivel galego, as cifras son peores cás de 2016, con 13.517 mortes máis ca nacementos

GALICIA, 30 ANOS A PERDER POBOACIÓN

Unha das conclusións que saca o IGE sobre o informe é que hai 30 anos que Galicia non presenta un saldo vexetativo positivo no conxunto da Comunidade.

Así, apunta que en 2017 morreron 31.962 persoas en Galicia, 13.517 máis que os 18.445 que naceron. Son peores resultados cós de 2016, cando houbo 12.695 mortes máis ca nacementos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...